viernes. 22.11.2024

A Xunta de Galicia aplicará a lei na que se levanta a obriga do uso das máscaras en exteriores, pero mantén a recomendación de empregala naqueles lugares onde se poidan producir agrupacións dun número importante de persoas en espazos limitados.

Ao respecto dos colexios, os expertos do subcomité clínico lembran que onte se comenzou a administrar a segunda dose da vacina contra a covid-19, polo que, ata que os rapaces teñan a pauta completa, o recomendable é seguir coa máscara onde haxa un número elevado de persoas que compartan un mesmo espazo exterior. Un espazo onde habitualmente toman bebidas ou alimentos.

A Xunta de Galicia recomenda, pois, seguir actuando con responsabilidade e lamenta que a norma non sexa mais explícita posto que pode dar cabida a interpretacións, ao entrar en contradicións coas normas contempladas no protocolo nacional de protección covid-19 no ámbito educativo, todavía en vigor. No que atinxe á saúde as normas deben ser claras e deberían consensuarse cos expertos.

Na actualidade, Galicia conta xa co 81’9 % dos menores con idades comprendidas entre 5 e 11 anos con alomanos unha dose da vacina contra a covid-19. Así, é a comunidade autónoma com maior número de rapaces e rapazas vacinados, situándose 26 puntos por riba da madia nacional (55’7%). Con todo, mentres non teñan a pauta completa de vacinación, lembra que respectar as medidas de autoprotección segue a ser fundamental para atallar a transmisión do coronavirus.

Lei sobre uso das máscaras