A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 563, deles 132 son da área da Coruña, 37 da de Lugo, 51 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 195 da área de Vigo, 114 da de Santiago, e 18 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en UCI, 26 están en unidades de hospitalización e 536 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.178 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 148.150.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 563 28 (usuarios) 21 (profesionais) FALECEMENTOS 618 132 (en residencias) 142 (en hospitais e residencias integradas)
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,1% do total das persoas residentes.
Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.