A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.207, deles 1.711 son da área da Coruña, 500 da de Lugo, 291 da de Ourense, 753 da de Pontevedra, 871 da área de Vigo, 569 da de Santiago e 512 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 105 están en UCI, 431 en unidades de hospitalización e 4.671 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 105.194 persoas curadas, rexistrándose 2.238 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.671.969.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 215.798.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 5.207 42 usuarios 16 profesionais FALECEMENTOS 2.238 352 en residencias 431 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.