Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 38.640 deles 8.484 son da área da Coruña, 4.044 da de Lugo, 4.035 da de Ourense, 4.320 da de Pontevedra, 8.649 da área de Vigo, 6.822 da de Santiago e 1.910 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 619 en unidades de hospitalización e 37.977 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 431.781 persoas curadas, rexistrándose 3.038 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 12 de febreiro:
Home de 83, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Home de 93 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Muller de 89 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.640.605.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.501.312 .
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.