A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 36.105 deles 7.952 son da área da Coruña, 3.817 da de Lugo, 3.844 da de Ourense, 4.063 da de Pontevedra, 7.872 da área de Vigo, 6.307 da de Santiago e 1.843 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 611 en unidades de hospitalización e 35.452 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 436.603 persoas curadas, rexistrándose 3.051 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 10 de febreiro:
Muller de 85 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 76 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 79 anos, na área sanitaria de Santiago A Barbanza.
Muller de 72 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Día 11 de febreiro:
Muller de 90 anos, na área sanitaria de Vigo.
Muller de 93 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller de 96 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Día 12 de febreiro:
Home de 62 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Home de 86 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Día 13 de febreiro:
Home de 71 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Home de 85 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller 84 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller de 91 anos, na área sanitaria de Vigo.
As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.644.291.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.501.312.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.