A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 34.139 deles 7.557 son da área da Coruña, 3.601 da de Lugo, 3.648 da de Ourense, 3.818 da de Pontevedra, 7.336 da área de Vigo, 6.030 da de Santiago e 1.751 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 587 en unidades de hospitalización e 33.515 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 441.001 persoas curadas, rexistrándose 3.056 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 13 de febreiro:
Home de 64 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Día 14 de febreiro:
Home de 84 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller de 84 anos, na área de Santiago e A Barbanza.
Muller de 58 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller de 73 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.649.395.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.504.113.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.