A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.952, deles 1.342 son da área da Coruña, 339 da de Lugo, 244 da de Ourense, 541 da de Pontevedra, 676 da área de Vigo, 451 da de Santiago e 359 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 82 están en UCI, 310 en unidades de hospitalización e 3.560 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 107.299 persoas curadas, rexistrándose 2.264 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.707.039.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 3.952 30 usuarios 6 profesionais FALECEMENTOS 2.264 355 en residencias 432 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 642 AULAS PECHADAS 34 CENTROS PECHADOS 0
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.