A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.257, deles 1.196 son da área da Coruña, 244 da de Lugo, 208 da de Ourense, 419 da de Pontevedra, 573 da área de Vigo, 357 da de Santiago e 260 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 77 están en UCI, 289 en unidades de hospitalización e 2.891 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 108.520 persoas curadas, rexistrándose 2.283 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.733.389.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 289.266
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 3.257 22 usuarios 1 profesional FALECEMENTOS 2.283 355 en residencias 433 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 517 AULAS PECHADAS 21 CENTROS PECHADOS 0
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.