sábado. 23.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.403, deles 900 son da área da Coruña, 177 da de Lugo, 150 da de Ourense, 215 da de Pontevedra, 515 da área de Vigo, 270 da de Santiago e 176 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 178 en unidades de hospitalización e 2.189 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 111.628 persoas curadas, rexistrándose 2.331 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.822.834.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 432.406.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS2.403               16 usuarios
              5 profesionais
FALECEMENTOS2.331             355 en residencias
             435 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOSTOTAL GALICIA
NÚMERO DE POSITIVOS449
AULAS PECHADAS9
CENTROS PECHADOS0

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.

Galicia rexistra un total de 2.403 casos activos por coronavirus