viernes. 22.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.023 deles 3.350 son da área da Coruña, 2.107 da de Lugo, 2.239 da de Ourense, 2.090 da de Pontevedra, 3.157 da área de Vigo, 3.017 da de Santiago e 983 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 395 en unidades de hospitalización e 16.597 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 486.485 persoas curadas, rexistrándose 3.125 falecementos.

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 4 de marzo:
Home de 74 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.
Home de 92 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Muller de 88 anos. Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Muller de 90 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.


Todas estas persoas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.714.754.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.558.541.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 17.023 casos activos por coronavirus