A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.437 deles 1.950 son da área da Coruña, 945 da de Lugo, 1.280 da de Ourense, 1.020 da de Pontevedra, 2.094 da área de Vigo, 1.678 da de Santiago e 463 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 394 en unidades de hospitalización e 9.028 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 612.796 persoas curadas, rexistrándose 3.537 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 9 de xuño:
Home de 89 anos, na área sanitaria de Vigo.
Día 10 de xuño:
Muller de 58 anos, na área sanitaria de Ferrol.
As persoas falecidas tiña patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.914.640.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.671.523.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.