A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.217, deles 1.110 son da área da Coruña, 638 da de Lugo, 819 da de Ourense, 474 da de Pontevedra, 813 da área de Vigo, 813 da de Santiago e 529 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 511 en unidades de hospitalización e 4.681 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 659.705 persoas curadas, rexistrándose 3.795 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.957.548.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.710.072.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.