A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.876 deles 4.335 son da área da Coruña, 2.438 da de Lugo, 2.273 da de Ourense, 2.320 da de Pontevedra, 3.960 da área de Vigo, 3.427 da de Santiago e 2.045 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 442 en unidades de hospitalización e 20.409 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 523.772 persoas curadas, rexistrándose 3.207 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 25 de marzo:
Home de 77 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 74 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 95 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 69 anos, na área sanitaria de Vigo.
Día 26 de marzo:
Muller de 92 anos, na área sanitaria de Ferrol.
Día 27 de marzo:
Home de 85 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
Home de 78 anos, na área sanitaria de Vigo.
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.778.653.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.612.972.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.