A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.728, deles 3.216 son da área da Coruña, 2.540 da de Lugo, 2.451 da de Ourense, 1.814 da de Pontevedra, 2.644 da área de Vigo, 2.789 da de Santiago e 1.256 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 682 en unidades de hospitalización e 16.025 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 572.684 persoas curadas, rexistrándose 3.366 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 1 de maio:
Muller de 93 anos, na área sanitaria de Ferrol.
Día 2 de maio:
Muller de 98 años, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Día 3 de maio:
Muller de 85anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Home de 81 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Muller de 90 anos, na área sanitaria de Ferrol.
Muller de 98 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Home de 90 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.
Home de 96 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 90 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Muller de 72 anos, na área sanitaria de Ferrol.
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.862.362.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.646.483.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.