A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.354, deles 244 son da área da Coruña, 153 da de Lugo, 289 da de Ourense, 142 da de Pontevedra, 214 da área de Vigo, 206 da de Santiago e 104 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 130 en unidades de hospitalización e 1.222 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 670.105 persoas curadas, rexistrándose 3.889 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 2 de setembro:
Home de 83 anos, da área sanitaria de Vigo.
Día 3 de setembro:
Home de 76 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.973.204.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.726.227.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.