viernes. 22.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.875, deles 2.463 son da área da Coruña, 1.877 da de Lugo, 1.645da de Ourense, 1.429 da de Pontevedra, 2.167 da área de Vigo, 2.147 da de Santiago e 1.137 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 710en unidades de hospitalización e 12.149 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 551.451 persoas curadas, rexistrándose 3.289 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 10 de abril.

Muller de 79 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Día 12 de abril:

Muller de 94 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Home de 81 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Muller de 90 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Muller de 90 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Home de 90 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Home de 70 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 96 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Muller de 92 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Día 13 de abril.

Home de 97 anos, na área sanitaria de Ferrol.

Home de 79 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Día 14 de abril:

Muller de 87 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 89 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Día 15 abril:

Muller de 80 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Home de 84 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 65 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 95 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 88 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Día 16 de abril:

Muller de 90 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Home de 81 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Muller de 85 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 88 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Home de 64 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Home de 84 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Día 17 de abril:

Muller de 90 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.822.421.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.634.976.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 12.875 casos activos por coronavirus