A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.672 deles 2.190 son da área da Coruña, 1.659 da de Lugo, 1.469 da de Ourense, 1.289 da de Pontevedra, 2.186 da área de Vigo, 1.795 da de Santiago e 1.070 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 568 en unidades de hospitalización e 11.089 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 546.184 persoas curadas, rexistrándose 3.262 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 8 de abril:
Home de 72 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 73 anos, na área sanitaria de Vigo.
Muller de 87 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.
Home de 68 anos, na área sanitaria de Ferrol
Día 9 de abril:
Muller de 86 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 88 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.
Día 10 de abril:
Muller de 82 anos, na área sanitaria de Ferrol.
Home de 78 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.811.339.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.631.369.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.