viernes. 22.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.605 deles 2.359 son da área da Coruña, 1.580 da de Lugo, 1.419 da de Ourense, 1.302 da de Pontevedra, 2.135 da área de Vigo, 1.680 da de Santiago e 1.105 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 465 en unidades de hospitalización e 11.126 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 539.935 persoas curadas, rexistrándose 3.231 falecementos.

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 30 de marzo:
Muller de 94 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Día 3 de abril:
Muller de 93 anos, na área sanitaria de Vigo.

Día 4 de abril:
Muller de 91 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.


O número de PCR realizadas é de 3.797.870.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.622.018.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 11.605 casos activos por coronavirus