A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.854 deles 1.084 son da área da Coruña, 212 da de Lugo, 196 da de Ourense, 306 da de Pontevedra, 505 da área de Vigo, 321 da de Santiago e 230 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 78 están en UCI, 245 en unidades de hospitalización e 2.531 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 109.518 persoas curadas, rexistrándose 2.290 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.752.997.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 2.854 49 usuarios 2 profesionais FALECEMENTOS 2.290 355 en residencias 433 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 484 AULAS PECHADAS 23 CENTROS PECHADOS 1
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.