A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.064, deles 705 son da área da Coruña, 223 da de Lugo, 272 da de Ourense, 492 da de Pontevedra, 877 da área de Vigo, 408 da de Santiago e 87 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 45 están en UCI, 152 en unidades de hospitalización e 2.867 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 117.917 persoas curadas, rexistrándose 2.393 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.099.117.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.334.552.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 3.064 11 usuarios 2 profesionais FALECEMENTOS 2.393 355 en residencias 435 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 631 AULAS PECHADAS 39 CENTROS PECHADOS 1
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.