A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.869 deles 3.827 son da área da Coruña, 2.218 da de Lugo, 1.983 da de Ourense, 3.015 da de Pontevedra, 4.539 da área de Vigo, 2.324 da de Santiago e 963 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 40 están en UCI, 261 en unidades de hospitalización e 18.568 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 135.602 persoas curadas, rexistrándose 2.460 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.561.088.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.510.424.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.