A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.447, deles 934 son da área da Coruña, 182 da de Lugo, 160 da de Ourense, 209 da de Pontevedra, 501 da área de Vigo, 272 da de Santiago e 189 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 39 están en UCI, 198 en unidades de hospitalización e 2.210 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 111.313 persoas curadas, rexistrándose 2.325 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.811.822.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 405.527.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 2.447 48 usuarios 6 profesionais FALECEMENTOS 2.325 355 en residencias 434 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 491 AULAS PECHADAS 13 CENTROS PECHADOS 0
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.