A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.357, deles 891 son da área da Coruña, 167 da de Lugo, 145 da de Ourense, 206 da de Pontevedra, 537 da área de Vigo, 254 da de Santiago e 157 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 172 en unidades de hospitalización e 2.153 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 111.825 persoas curadas, rexistrándose 2.332 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.828.763.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 2.357 13 usuarios 4 profesionais FALECEMENTOS 2.332 355 en residencias 435 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 446 AULAS PECHADAS 9 CENTROS PECHADOS 0
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.