A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.340, deles 783 son da área da Coruña, 169 da de Lugo, 142 da de Ourense, 229 da de Pontevedra, 627 da área de Vigo, 270 da de Santiago e 120 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 171 en unidades de hospitalización e 2.141 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 112.501 persoas curadas, rexistrándose 2.342 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.858.417.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 2.340 0 usuarios 2 profesionais FALECEMENTOS 2.342 355 en residencias 435 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.