A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.523, deles 608 son da área da Coruña, 173 da de Lugo, 217 da de Ourense, 407 da de Pontevedra, 642 da área de Vigo, 379 da de Santiago e 97 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 169 en unidades de hospitalización e 2.328 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 114.611 persoas curadas, rexistrándose 2.371 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.943.285.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 817.715.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 2.523 0 usuarios 0 profesionais FALECEMENTOS 2.371 355 en residencias 435 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 458 AULAS PECHADAS 14 CENTROS PECHADOS 1
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.