lunes. 21.04.2025

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.298 deles 1.086 son da área da Coruña, 539 da de Lugo, 1.243 da de Ourense, 1.139 da de Pontevedra, 1.389 da área de Vigo, 671 da de Santiago e 231 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 57 en unidades de hospitalización e 6.231 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 127.043 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.431.482.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.169.134.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 57 en unidades de hospitalización e...