A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.285 deles 610 son da área da Coruña, 240 da de Lugo, 279 da de Ourense, 459 da de Pontevedra, 386 da área de Vigo, 223 da de Santiago e 88 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 41 en unidades de hospitalización e 2.234 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.929 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.377.542.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.847.095.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente. Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.