sábado. 27.04.2024

Preto de 70

establecemento conforman xa a listaxe do comercio local accesible na web

municipal e na que se da conta dos produtos ou servizos que ofrecen. A listaxe

actualízase diariamente nos novos comercios que se inscriben a través do formulario

accesible na propia web no apartado COVID19.

Os

establecementos están agrupados por sectores así en alimentación recóllense

carnicerías, peixarías, froiterías, conxelados, panaderías, pastelerías, supermercados

e comida para levar. Asemade recóllense outros negocios de informática,

telefonía, seguros, asesorías, talleres de automoción, publicidade, pinturas, roupa,

agro. Tamén están na lista as farmacias locais.  Amais da consulta por sectores a listaxe pode

consultarse ou descargarse en pdf.

En cada

establecemento detállase os produtos ou servizos que ofrece, se está aberto ou

pechado, o seu horario, se conta con servizo a domicilio, ou como realizar un

pedido.

Con esta listaxe,

dende o Concello de Tui a través da Concellería de Comercio, búscase apoiar ao

comercio local e ao tempo brindar a poboación a información sobre os

establecementos que están abertos ou que ofrecen o seus servizos nestes

momentos.

Os tudenses poden coñecer os establecementos abertos a través da web do Concello