viernes. 26.04.2024

As actividades soprenderán aos máis pequenos dos fogares con motivo do Día do Libro que se celebra este xoves día 22.

Para ir preparándonos mañá mércores día 22, ás 18 horas, compartirán no facebook de Cultura e Turismo Ponteareas un vídeo de Eduvía Xestión, Cultura e Lecer que nos quere agasallar o fermoso e divertido conto 'A árbore da escola'.

E para o xoves, Día Internacional do Libro, a biblioteca pública municipal prepara a presntación dun contacontos dixital que se fará público na rede social facebook a partir das 18.00 horas. No facebook Cultura e Turismo Ponteareas os máis pequenos desfrutarán cunha representación dixital dos contos de Pablísimo en exclusiva para Ponteareas.

Co

obxectivo de celebrar este día e de promover a lectura, habitualmente a

biblioteca organiza por esta datas un contacontos para que os máis cativos/as

poidan gozar destas actividades en directo pero debido ao estado actual de

alarma é necesario cambiar o formato. Por primeira vez os nenos e nenas de

Ponteareas poderán asistir a este contacontos dende a súas casas con tan só

conectarse ao facebook Cultura e Turismo Ponteareas ou no twitter

@visitponteareas

Os cativos ponteareáns desfrutarán cunha representación dixital dos contos de Pablísimo