Ponteareas pecha ao público o punto limpo polo estado de alarma

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, informa que por mor do Estado de Alarma polo COVID-19 as instalacións do punto limpo de Ponteareas permanecerán pechadas cara ao público pero o servizo gratuíto de recollida de enseres mantén a súa rutina de recollida semanal con normalidade.

Rosa Covelo informa á cidadanía que cada xoves dende ás 21 horas e ata o venres ás 06 horas poderán ser depositados os enseres xunto aos contedores máis próximos aos domicilios.

A concelleira insiste en que é necesario realizar unha chamada previa ao número de teléfono 986 640 307 para que o servizo de recollida de enseres organice a súa ruta.

“Todos e todas xuntas podemos ter unha vila máis limpa, saudable e agradable por iso convida a toda a cidadanía a por en coñecemento das autoridades actitudes incívicas que dañan o medio ambiente e molestan ao resto da veciñanza”.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada