Dulce María López Fernández gaña o concurso de carteis de Entroido do Porriño

O Concello do Porriño xa difundiu o cartel anunciador do Entroido 2020 é un deseño de Dulce María López Fernández que simboliza unha sardiña ataviada cun sombreiro carnavalesco.

O xurado que presidiu Cami Moreira, concelleira responsable de Cultura e Festexos, elixiu onte martes, a proposta desta artista de Fene que levará o primeiro premio dotado con 600 euros. O segundo premio, dotado con 500 euros, correspondeu a Ramón Manuel Garrido García, de Mérida (Extremadura). Seleccionaronse entre os 23 deseños que se presentaron nesta primeira edición do Concurso de Carteis do Entroido 2020 convocado polo Concello do Porriño.

Como establecían as bases do Concurso, todos os deseños presentados serán exhibidos próximamente nunha exposición que albergará o Centro Cultural Municipal.

XORNADAS GASTRONÓMICAS DO ENTROIDO

O vindeiro sábado 15 comezarán as Xornadas Gastronómicas do Entroido nas que participarán vinte establementos de hostalaría da vila.

Ata o 15 de marzo, cada venres e sábado, a partires das sete da tarde, os bares e cafeterías participantes ofrecerán un pincho polo prezo de 1 € con productos e elaboracións propias do Entroido como orella, lacón cacheira ou filloas.

Nas Xornadas participarán os establecementos: Tapería La de Evi, Saspi, Paso a Nivel, Argentino 2, Adéle, Segredos, Millenium 33, Cólleo con pinzas, La de Chato, A Francachela, El Patio, Pantera Rosa, Maloserá, Sol, Adega de Montero, Maracaibo, Mesón Mondariz, La Cueva y Cafetería O Porriño. 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada