sábado. 27.04.2024

O Concello de Tui vén de convocar o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2020, que se van celebrar do 11 ao 20 de abril.

A convocatoria está aberta a artistas plásticos, creadores ou persoas interesadas que terán de prazo até o 29 deste mes de febreiro, ás 14 horas, para presentar un máximo de tres obras orixinais e inéditas. Nas mesmas deberá figurar 'Festas de san Telmo, Tui, de 11 a 20 de abril de 2020. Festas declaradas de interese turístico galego'. Amais figurará o escudo oficial da cidade de Tui, xunto ao nome da entidade, Excmo. Concello de Tui.

O xurado terá en

conta na súa valoración que “o cartel identifique na súa expresión gráfica á

cidade e as festas de San Telmo” reflectindo os valores que se expresan para as

Festas de San Telmo, centrados principalmente na devoción a San Telmo, a

participación popular, a tradición secular, a accesibilidade universal á festa

e á cultura, a igualdade e a proxección exterior da cidade. Así nas bases do

concurso recóllese que “estes obxectivos plasmaranse na composición dos traballos,

reflectindo un espírito festivo con marcada orientación publicitaria e

artística e de promoción, tanto das festas anunciadas como da propia cidade de

Tui”.

O cartel, cun tamaño de 50 x 70 centímetros, poderán realizarse en técnica e cores libres, pero deberase ter en conta que a impresión do gañador realizarase en cuatricromía.  O cartel presentarase baixo lema no Rexistro da casa do concello ou na Biblioteca Pública Municipal. Achegarase en formato dixital, xunto coa documentación requirida, e impreso sobre un bastidor ríxido de cartón pluma sen molduras ou cristal.

Establecese un

único premio de 700 € e diploma.

Con todos os

carteis presentados a concurso e que cumpran o establecido nas bases do mesmo realizarase

unha exposición.

As bases completas

deste concurso pódense consultar na web municipal.

Tui xa busca cartel anunciador das festa de san Telmo