miércoles. 02.04.2025

Os veciños do Rosal asistiron este sábado á mostra que rende homenaxe á loita de tres xeracións de mulleres galegas, con varias veciñas do concello como protagonistas. Mar Caldas, artista viguesa, e Monse Cea, comisaria da mostra, recibiron ás autoridades do concello, a alcaldesa Ánxela Fernández Callís, as protagonistas dalgunhas obras e veciños das terras do Rosal, no Centro Histórico de Santiago de Compostela. A exposición está situada no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), proxectado polo arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira, onde se exhibe "Facedoras".

Esta exposición pon en valor o esforzo e as historias das mulleres que foron clave na economía do mar e do rural galego, quen tamén estiveron presentes na visita. A mostra reconstrúe a memoria de tres xeracións de mulleres que desafiaron os obstáculos impostos pola sociedade, incluíndo catro obras de gran formato e un vídeo que amplifica as súas voces, resultado dos proxectos "Cen por cen contigo" e "Facedoras"."

O Rosal presente na exposición que reconoce el valor de la muller gallega
Comentarios