jueves. 30.01.2025

'Fado Alexandrino' do Teatro Nacional São João chega á Eurocidade Tui-Valença

O Teatro Nacional São João presenta "Fado Alexandrino" en Tui, unha adaptación teatral da novela de António Lobo Antunes sobre a Revolución dos Cravos. A obra, que forma parte da Temporada Cruzada Portugal-España, conmemora o 50 aniversario deste evento histórico e terá lugar o venres 31 de xaneiro no Teatro Municipal de Tui.
Este mediodía visitaban este espazo escénico o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, xunto ao propio director Nuno Cardoso.
Este mediodía visitaban este espazo escénico o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, xunto ao propio director Nuno Cardoso.

Unha gran montaxe teatral chega esta semana á Eurocidade Tui-Valença da man do Teatro Nacional São João con "Fado Alexandrino". A cita será este venres, 31 de xaneiro, ás 20 h no Teatro Municipal de Tui. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 12 € e 9 €.

Tras a representación a semana pasada en Luxemburgo a compañía pecha en Tui a xira deste espectáculo que ten percorrido numerosos escenarios con esta adaptación teatral da considerada como a gran novela sobre a Revolución dos Cravos, do escritor portugués António Lobo Antunes.

A obra está dirixida por Nuno Cardoso e interpretada por Ana Brandão, Nuno Nunes, Joana Carvalho, Jorge Mota, Lisa Reis, Patrícia Queirós, Paulo Freixinho, Pedro Almendra, Pedro Frias, Roldy Harrys, Sandro Feliciano, Sérgio Sá Cunha, e Telma Cardoso.

Nuno Cardoso, o director, explica que “Fado Alexandrino” conta o destino de catro portugueses ao longo de dez anos, entre 1972 e 1982. Engade que "é unha especie de postal do que foron estes anos que antecederon e que formaron a democracia portuguesa". Salientaba que para unha persoa da súa xeración "son anos moi importantes, porque esta xeración construíu o mundo en que eu puiden vivir en liberdade, crecer, estudar...". Nuno Cardoso considera que esta "é unha peza moi bonita, os actores son moi bos e conta unha historia do voso veciño de aquí ao lado, que está sempre tan presente, pero que as veces esconde estas peripecias que acontecen no seu interior".

A montaxe da escenografía comezou xa onte no Teatro Municipal. Este mediodía visitaban este espazo escénico o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, xunto ao propio director Nuno Cardoso.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, facía un chamamento a disfrutar desta obra que salientaba "foi catalogada coma unha das tres mellores obras de teatro feitas en Portugal”. Convidaba a acudir ao teatro este venres porque “é unha grande oportunidade e un enorme privilexio que unha obra desta categoría se represente en Tui". Grazas a esta representación dicía que podemos sentirnos "testemuñas privilexiadas dun momento histórico para a programación cultural do Concello de Tui".

José Carpinteira, presidente da Cámara de Valença, destacaba que "esta é unha peza moi interesante" que se encadra na conmemoración do 50 aniversario do 25 de abril". Co elenco que temos e coa montaxe que temos no teatro "é unha obra que non se debe perder, polo que convido a todos valencianos e tudenses, e quen o desexen que acuda a esta representación teatral que é magnífica".

Este espectáculo chega á Eurocidade Tui-Valença dentro da Temporada Cruzada da Programación Cultural Portugal-España: 50 anos de democracia, e conta coa colaboración do Centro Dramático Galego e do Instituto Camões. Precisamente o Instituto Camoes de Vigo pon a dispor un autobús que sairá ás 19 h, dende Praza de Berbés, en Vigo para acudir á representación e regresar ao remate. É preciso inscrición previa.

A cita será este venres, 31 de xaneiro, ás 20 h no Teatro Municipal de Tui Ás entradas poranse á venda o próximo venres, 24 de xaneiro, en tui.gal aos prezos de 12€ e 9€. A obra ten unha duración de 4 horas e conta con dous descansos.

'Fado Alexandrino' do Teatro Nacional São João chega á Eurocidade Tui-Valença
Comentarios