A Concellería de Deportes celebrará hoxe, en horario de tarde, unha Xornada para a Educación e Formación no Futbol Base en colaboración co club local 'Porriño Industrial'. Contará con tres relatores con amplos coñecementos. Son Carlos Lago, Pep Marí e Elena Casal.
A sesión comezará ás 16.30 horas no Centro Cultural Municipal, con entrada de balde ata completar aforo.
O
orimeiro relator será Carlos Lago, catedrático de Educación Física e Deportiva
na Universidade de Vigo, consultor e analista de varios clubs profesionais e
colaborador en diversos medios de comunicación. A súa charla titulase como un
dos seus libros: “Gañar, gañar e gañar sen deixar de educar”.
A
segunda ponencia será de Pep Marí, psicólogo deportivo que traballa no Centro
de Alto Rendemento (CAR) de San Cugat. Ademais durante dúas tempadas foi o psicólogo
do R.C.D Espanyol de Barcelona. A súa
charla chamase “Ser só pais”.
A
terceira quenda correrá a cargo de Elena Casal, árbitra de futbol con máis de
15 anos de experiencia. Ten dirixido partidos dende categorías inferiores ata
Terceira División Masculina e actualmente na Primeira División Femenina Liga
Iberdrola. O seu relato titulase “O futbol base dende a perspectiva da
arbitraxe”.
A
sesión formativa remata cun coloquio coas preguntas dos asistentes ós tres
ponentes.
Todos os asistentes á Xornada deberán acudir cun quilo de alimentos non perecedoiros para 'SOS Porriño' como ven sendo habitual nas citas vencelladas co deporte.