4 de febrero de 2020, 19:01
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel.
Na reunión trataron as axudas que a Secretaría Xeral da Igualdade ten en marcha para que as entidades locais realicen actividades de difusión, sensibilización, información, conciliación, corresponsabilidade ou de prevención e tratamento da violencia de xénero.