20 de mayo de 2020, 1:19
O Concello de Tui
vai contratar a 17 persoas ao abeiro do Plan Concello 2020 da Deputación de Pontevedra
para diversos servizos municipais.
Esta semana
incorpóranse xa os primeiros traballadores unha vez se completaron os procesos
selectivos. Trátase dun oficial de segunda soldador a tempo parcial e dous
oficiais condutores a tempo completo..
Nos próximos días
incorporaranse tamén seis peóns de horticultura e xardineiría a tempo parcial.
Mentres continua o
proceso selectivo para a contratación de dous auxiliares administrativos a
tempo completo, catro animadores turísticos a tempo parcial, dous auxiliares da
biblioteca e arquivo a tempo parcial.
A duración de
todos os contratos será até o 31 de decembro deste ano.