martes. 30.04.2024

.  “Cor de Festa” de Juan

Diego Ingelmo Benavente, de Burriana, Castellón, foi o cartel ganador do

concurso convocado polo Concello de Tui para anunciar as Festas de San Telmo

2020. O xurado valorou a calidade técnica e conceptual da proposta gañadora, o

seu carácter orixinal e innovador, así coma o feito de recoller no deseño os

valores e significado das festas, reflectindo o carácter festivo.

As festas de San Telmo estaban previstas do 11 ao 20 deste mes de abril,

pero debido ao Estado de Alarma pola crise do coronavirus foron suspendidas.

Tendo en conta o confinamento non sería factible a súa celebración na rúa,

cos actos tradicionais que teñen lugar cada ano. Porén dende o Concello

apóstase por facer unha “celebración” simbólica ao longo desta semana nas redes

sociais, e buscando a participación da veciñanza dende as súas casas.

Nas redes sociais do Concello de Tui publicouse xa onte unha mensaxe da concelleira

de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, explicando que se busca que os e as

tudenses aporten o seu pequeno gran de área nesta proposta facendo chegar que

significan para eles as festas de San Telmo, cal é para eles a esencia destes

festexos, unha lembranza, unha felicitación, un baile… Ao longo da semana

iranse plantexando nas redes sociais as formas de participación sempre dende a

casa.

Sonsoles Vicente explica que “o que pretendemos é que non nos sintamos sos

na nosas casas, son unhas festas que non imos poder gozar na rúa, pero entre

todos podemos poñe ese gran para pasar uns días diferentes nas nosas casas”. Remata

agardando que que “este San Telmo sexa algo anecdótico nas nosas vidas”.  

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, sinala que “dado que as festas son unhas

datas moi especiais para os veciños e veciñas de Tui pola celebración de San Telmo,

e toda vez que estamos pasando por un momento moi difícil, o Concello non podía

facer outra cosa que menos que lanzar esta iniciativa de celebración da festa a

través das redes, toda vez que presencialmente non é posible”.

O cartel deseñado por Juan Diego Ingelmo Benavente será empregado coma imaxe

nesta celebración virtual.

Tui celebra o #SanTelmoNaCasa con propostas nas redes sociais