sábado. 23.11.2024

O Concello de Tui vén de ser o primeiro concello en balizar a súas praias neste verán. Está xa colocado o balizamento da praia de Areeiros en Guillarei e mañá acometerase o do Penedo en Caldelas, sinalizando deste xeito a  zona de baño.

No acceso ás praias

colocáronse carteis informativos coas medidas preventivas da COVID19. Así recoméndase

acceder calzado á praia, e no caso de Guillarei tamén ao pantalán. Xa no

areeiro deberá gardarse a distancia social que será de 2 metros entre persoas e

de 4 metros entre parasois. Amais os grupos non poderán superar as quince

persoas. Está permitido o baño e a práctica deportiva a nivel individual.

Estes dous

areeiros fluviais contan tamén coa sinalización de praias libres de fume, polo

que non se pode fumar nas mesmas. Igualmente nos accesos pódese consultar as

analíticas sobre a calidade da auga.

Dentro das

medidas preventivas da COVID19 os contedores do lixo estarán situados nos

acceso e non no interior da praia coma establece a normativa. Dende o Concello

amais optouse por non colocar aseos, coma en temporadas anteriores, ante a imposibilidade

de cumprir as normas sanitarias de limpeza e desinfección vixentes neste

momento.

Dende o Concello

de Tui faise un chamamento á poboación a acudir con responsabilidade á praia

respectando todas as indicación establecidas de distanciamento e hixiene ante a

situación actual da pandemia pola COVID19.

Con esta

actuación aposta pola seguridade e as garantías sanitarias nas dúas praias

fluviais tudenses.

Tui baliza as praias de Areeiros e O Penedo e coloca carteis informativos