viernes. 27.12.2024

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa ANPA Chan da Ponte do IES Salvaterra de Miño lanzan un obradoiro dirixido a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 15 e 21 anos baixo o título 'Toma de decisións e intelixencia emocional'. 

A través deste módulo práctico e dinámico búscase que os participantes aprendan a tomar decisións e a identificar emocións de xeito que adquiran as ferramentas necesarias para a xestión emocional que precisan no día a día. 
O obradoiro, que é gratuíto, ten prazas limitadas polo tanto respectarase a orde de inscrición segundo recepción e impartirase na Casa do Conde en dúas sesións no día 7 de setembro en horario de 09:15 a 14:00 h. 

Os interesados e interesadas en participar deberán inscribirse antes do 28 de agosto a través do correo electrónico [email protected] indicando o seu nome, apelidos e teléfono.

XUNTAS DE IGUALDADE

O luns 21 de agosto terá lugar outro obradoiro 'O arte no camiño de empoderarte' ás 10.00h na Biblioteca e o xoves 24 a cita será no Espazo Lúdico Termal de Teáns – Oleiros ás 10.00 onde realizarán un exercicio terapéutico e de saúde. Para máis información sobre estas actividades poden dirixirse ó teléfono 685 211 882

'Toma de decisións e intelixencia emocional' e 'O arte no camiño de empoderarte', dous...
Comentarios