O Concello de Tui
está a recibir material de protección tanto das distintas administración coma
de persoas voluntarias e empresas que logo distribúe entre os propios servizos
municipais, centro de saúde, residencias de maiores, Tui preparase para vivir
dende a casa a fin de semana das Festas de San Telmo. Dende o Concello
programáronse unha serie de actividades para vivir este #SanTelmoNaCasa. As
redes sociais municipais e a
participación veciñal son nexo condutor das iniciativas programadas
A música é un dos
elementos esenciais en toda festa, e tamén o é nas festas de San Telmo. Por
este motivo convidouse a unha serie de músicos a enviar a súa mensaxe nestes
festexos. En formato vídeo están a ser compartidos nas redes sociais municipais
as mensaxes das Raquel e Sara Areal Martínez, Andrea González e Daniel Pereira,
Pancho Álvarez, Samuel Diz, Aloia Martínez, Ángel Sanchez e Antón e Ramón
Corral. Durante a fin de semana será a quenda mensaxes institucionais.
PROGRAMACIÓN INFANTIL
Os nenos e nenas
teñen o seu lugar destacado neste San Telmo na Casa. Hoxe mesmo lánzaselles a
proposta de crear o seu cabezudo seguindo un vídeo co paso a paso para a súa
elaboración. Amais haberá dous programas especiais de radio, a través da Radio
Municipal de Tui, que se emitirán o sábado ás 17 h a cargo de María Fumaça, e o
domingo ás 17 h con Mamá Cabra, e que se volverán emitir o luns ás 11 h e ás 17
h respectivamente.
Mamá Cabra
presenta en formato radiofónico “A fraga do meu avó”, o seu máis recente
traballo que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron
os nosos avós e as nosas avoas. Gloria Mosquera, voz e creadora de Mamá Cabra,
convídanos a pasear xuntas por esa fraga e a coñecer os seus carballos, as súas
píntegas e curuxas... Mentres a familia
María Fumaça presentará o seu novo disco “O veleiro verde” xunto a outras cancións de anteriores
traballos.
Dende o Concello
de Tui convídase a nestas xornadas festivas facer de altofalante das festas e
colocar a radio no balcón ou ventá para reproducir a “sesión vermú festiva” que
a Radio Municipal de Tui emitirá mañá sábado, o domingo e o luns de 12.30 h a
13.30 h. Tamén se convida a colocar a bandeira de Tui en ventás ou fiestras
durante a fin de semana.
Haberá tamén
outras proposta e sorpresas durante a fin de semana.
REPICARÁN AS CAMPÁS DA CATEDRAL
O luns, festivo local en Tui, destaca ás 20.30
h o repique das campás da Catedral e das todas ás igrexas tudenses durante
cinco minutos. Dende o Concello quérese agradecer a magnífica acollida que tivo
esta proposta tanto por parte do Deán da Catedral, coma dos distintos párrocos
tudenses.
PARTICIPACIÓN VECIÑAL
Estas son unhas
festas que viviremos dende a casa pero tamén nas redes sociais. A comezo de
semana plantexouse xa que a veciñanza compartise os seus recordos e os seus
desexos de futuros para estes festexos. Agora é a quenda de enviar as mensaxes
de felicitación co hashtag #SanTelmoNaCasa e etiquetando ao Concello de Tui en
Facebook, Twitter e Instagram. Son xa varias a mensaxes que están a ser
publicadas por parte de cidadáns anónimos, asociacións, empresas,
establecementos, músicos… uníndose a estas festas de San Telmo na Casa.