viernes. 27.12.2024

Salvaterra celebra os máis de mil anos de historia da vila o 24 de maio, xa que o primeiro documento escrito que fai referencia a esta localidade foi asinado o 24 de maio do ano 991.

Con motivo desta celebración, o Concello de Salvaterra de Miño prepara un día de actividades no recinto amurallado pensada para todo o público.. 

Nesta ocasión dende a Concellería de Cultura organízase un mercado-exposición onde comercios, artesáns ou asociacións interesados poderán participar deste evento que terá lugar o sábado 25 de maio durante todo o día.

Ademais o Concello de Salvaterra tamén ten programadas actividades para os nenos pola mañá con xogos populares e contos sobre a historia de Salvaterra e pola tarde unha actividade familiar con acertixos e probas. 

Aqueles interesados en participar no mercado-exposición deberán enviar os seus datos a dirección de correo electrónico .

MILENARIA

Salvaterra de Miño está considerada unha antiga vila pola existencia dun documento escrito que data do ano 991, no que o rei Vermudo II cedeu a vila á Igrexa compostelá e ao seu bispo Sisnandus. Este documento, asinado o 24 de maio de 991, considérase a primeira referencia escrita á vila, o que a converte nunha das vilas máis antigas de Galicia con documentación histórica que avala a súa existencia.

'Salvaterra Milenaria' celebra un mercado e actividades para a cativada
Comentarios