6 de febrero de 2023, 13:37
O Concello de Salvaterra de Miño ven de publicar o inicio da tramitación para a contratación da obra de Ampliación do Saneamento en Fornelos, Lourido, Pesqueiras e Cabreira. Unha obra financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra por un importe de preto de 250.000€.
Con estas obras o Concello pretende seguir incrementando e mellorando a rede de saneamento municipal, neste caso completando a rede de servicios existentes en Enxembre (Fornelos), Cantalarrana (Lourido), Ríal, Outeiriño e Gallamonde (Pesqueiras) e Laxe (Cabreira). En total executarase 580 metros de tubaxe de PVC de 315mm de diámetro e 1.445 metros de tubaxe de PVC de 250mm.