16 de enero de 2023, 23:20
O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa Comunidade de Montes de Fornelos, ven de rematar a primeira fase de rehabilitación do que era a antiga Casa da Sociedade, na parroquia de Fornelos.
Nesta primeira fase realizouse a reconstrución da cuberta do inmoble, por algo máis de 45.000,00€. Durante as seguintes fases de traballo levarase a cabo as divisións interiores, colocación de aluminio e lavado e encintado de todo o edificio.
O fin desta obra é a rehabilitación integral do edificio, cun gran valor histórico e sentimental para a parroquia, e que sexa un punto de referencia á hora de desenvolver actividades culturais e sociosanitarias para os seus veciños e veciñas.