O
Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Mobilidade e Tráfico,
Roberto Mera, deron hoxe a benvida aos catro novos axentes de policía que
superaron o procedemento de selección e escolleron Ponteareas como destino. Os
axentes incorporaranse ao cadro de persoal ao longo do ano 2020 unha vez
realicen o seu período de formación na Academia Galega de Seguridade Pública
(AGASP) así como o período de prácticas que efectuarán durante o verán no
propio corpo da Policía Local ponteareán.
O
alcalde Xosé Represas salientou que “con estas catro novas incorporacións o
Goberno Local dá un novo paso para o reforzamento da plantilla da Policía
Local”. Hai varios meses sumouse á plantilla un novo axente e durante este ano
prevese iniciar o procedemento de selección doutros tres máis.
Ponteareas conta actualmente con oito axentes activos e
seis auxiliares temporais o que obriga a que a plantilla realice servizos
extraordinarios para asegurar o mantemento dos tres turnos diarios de traballo.
O concelleiro de Mobilidade e Tráfico “Roberto Mera salientou que coa praza xa
cuberta, máis estas catro novas incorporacións e as tres prazas a convocar este
ano, duplicaremos os efectivos actuais e poderemos mellorar sustancialmente
este servizo fundamental”