3 de mayo de 2020, 2:09
Esta semana abríronse de novo en Tui os xardíns de Troncoso tras as obras de acondicionamento acometidas nos últimos meses. A actuación levouse a cabo co financiamento do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
Este espazo
público situado no Paseo Familia Álvarez Blázquez, que comunica o céntrico
Paseo da Corredoira coa rúa Antero Rubín, foi obxecto dunha actuación que o
dotou dun novo deseño para potenciar a súa condición de lugar tranquilo e crear
un espazo sensorial coa combinación de plantas elixidas. Instalouse amais un sistema automático de rego.