5 de febrero de 2020, 12:33
O prazo de inscrición para o Desfile de Comparsas do Entroido 2020 pechará o día 18 incluído.
O importe total de premios a repartir será de
13.950 euros entre comparsas infantis e de adultos. O importe dos premios se
determinará segundo o número de compoñentes da comparsa.
Segundo as bases da convocatoria que xa están publicadas na web do departamento de Cultura (www.ecultura.net) a orde de participación nos desfiles será por orde inscrición
As comparsas que aspiren ós premios de
participación teñen a obriga de estar inscritas e participar nos desfiles do
Sábado e Martes de Entroido, e no acompañamento do Enterro da Sardiña no Mércores
de Cinza. Os percorridos de cada desfile tamén aparecen detallados na
convocatoria.