miércoles. 15.01.2025

A Alcaldía comunica que compre adoptar una serie de medidas complementarias no ámbito municipal á vista do crecemento dos contaxios por covid-19 que motivaron que dende este xoves, O Porriño estea en alerta vermella. O Porriño cun total de 26 contaxios activos, entrou en nivel 3 polo que o goberno municipal, tras unha reunión de urxencia, resolveu as seguintes disposicións:

  • Suspender o mercado ambulante dos martes
  • Precintar os parques infantís 
  • Establecer na Praza de Abastos, un control de acceso e un aforo restrinxido, con circuito de entrada e saída.
  • Suspensión de actividades culturais tanto nos recintos municipais como nas asociacións.
  • Peche da Sala de Estudo Municipal 
  • Competicions deportivas federadas sen público en recintos pechados e ao aire libre.

Todas estas medidas estarán vixentes ata que mellore a situación.

A alcaldesa Eva García explicou que todas estas decisións “precisan da colaboración da veciñanza” e fixo “unha chamada á prudencia para que os porriñeses e porriñesas limiten os contactos con persoas non convivintes para protexerse a sí mesmos, a súas familias e aos demais. O Ministerio de Sanidade advirtenos de que agardamos meses moi duros e teremos que ser moi responsables”.

AS COMPETICIÓNS EN RECINTOS PECHADOS E ABERTOS SERÁN SEN PÚBLICO

A Alcaldía e a Concellería de Deportes do Porriño comunican a decisión de prohibir o acceso de público aos eventos deportivos que se celebren en recintos pechados como o Polideportivo Municipal así como tamén nas instalacións ao aire libre, incluídos os campos de futbol.  

A restricción é para competicións federadas de ámbito autonómico e nacional. A medida é de aplicación a partir desta fin de semana e estará vixente en tanto en canto persista a actual situación sanitaria. Dende hoxe, O Porriño atópase en alerta vermella (nivel 3) cun total de 26 contaxios activos, segundo informouse a Alcaldía ante a Conselleria de Sanidade.

David Alonso, concelleiro de Deportes admitiu que “é unha decisión dura”. “Coido que debíamos adiantarnos ao avance do virus, a pesar de que no DOG informabase de que poderían permitirse certos cupos de espectadores”, manifestou o concelleiro.

O Porriño, en alerta vermella, adopta novas medidas complementarias