sábado. 23.11.2024

A tramitación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico de Tui, PEPCHA, entra na fase final.

A próxima semana o equipo redactor entregará o documento incorporando as suxestións realizadas pola Dirección Xeral de Costas no seu informe sectorial favorable, o derradeiro destes documentos que estaba pendente.

Unha vez se conte co Plan xa con estas últimas modificación será levado a Xunta de Goberno para a súa aprobación provisional. Logo o documento remitirase á  Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda que disporá dun prazo de dous meses para informar o PEPCHA.  Por último será o pleno da corporación municipal de Tui a que deba dar aprobación definitiva.

Laureano Alonso, concelleiro de Patrimonio, agarda que o Plan poida estar definitivamente aprobado entre xullo e setembro. Isto suporá explica “un avance importante para a rehabilitación no conxunto histórico e brindará seguridade xurídica para todos”

O Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico tudense podería estar entre xullo e...