A pista de patinaxe abrirá as súas portas mañá venres día 3 baixo a carpa da Praza Maior a partir das cinco da tarde e que será de balde para todas e todos.
Con
motivo da inauguración, o club patinaxe Luar realizará unha exhibición ás 17
horas na contorna da pista e a continuación haberá chocolatada totalmente de
balde para todas as familias. A concellería informa que o chocolate será sen
glute e haberá leite de soia para os e
as intolerantes á lactosa.
Un
ano máis Ponteareas contará con esta actividade que do 3 ao 7 de xaneiro estará
aberta nun amplo horario de 11 a 14
horas e de 16 a 20 horas e do 8 ao 30 de xaneiro abrirá de luns a venres de 16
a 20 horas e os sábados, domingos e festivos tamén en horario de mañá de 11 a
14 horas.
Dado
o alto interese que suscita a pista de patinaxe, nesta ocasión e para axilizar
o uso da mesma, estableceránse tres pases de mañá (11:10, 12:10 e 13:10) e
catro de tarde (16:10, 17:10,18:10 e 19:10). Todos eles de corenta minutos de
duración.
Para
que todas e todos poidamos desfrutar da pista de patinaxe corresponderá a cada
nena ou neno un pase diario e aqueles que presenten o ticket do comercio local,
por importe mínimo de 20€, terán preferencia na cola que debemos facer tan só
quince minutos antes de cada pase.